miércoles, 25 de mayo de 2016

"LA CHASSE AU TRÉSOR"

Os alumnos de 1º ESO acaban de rematar un proxecto de Lingua Francesa moi divertido.
En primeiro lugar tiveron que descubrir e aprender un montón de cousas para saber desprazarse pola rúa, como preguntar direccións e como indicalas, para iso investigaron e traballaron na aula, pero para poñelo en práctica nada mellor que facelo cunha "caza do tesouro" polo colexio.
Na clase hai seis equipos, cada equipo fixo tantas pegadas como alumnos ten ese equipo. Un representante colocou o tesouro no punto elixido e entón empezou a diversión.
As tarxetas foron repartidas aos equipos contrarios e cada un tiña que atopar o tesouro que estaba agochado nos máis variopintos lugares do colexio.
Ao chegar á aula, fixeron entre todos unha chuvia de ideas co que aprenderan no proxecto.
Le début

Point de départ

En cherchant le trésor
Le trésor

chuvia de ideas

lunes, 9 de mayo de 2016

ARTESÁN OU ARTISTA?


Os alumnos de 2º de ESO acaban de rematar o proxecto “Artesáns ou artistas?” que os trasladou ao medievo durante varias semanas para gañar a pulo un posto de mestre de obradoiro.
Para comezar o noso traballo, primeiro elaboramos en grupo unhas recompilacións nas que, a partires das características do gótico e o románico e a busca concreta de información, clasificamos e analizamos diferentes obras (arquitectura, escultura e pintura). Centrámonos principalmente nas pegadas do románico na nosa comarca e ao longo do Camiño de Santiago.


Presentar unha obra mestra para poder posuír un obradoiro era o segundo paso. Houbo quen fixo pan ou xabón, quen se dedicou á heráldica e a forxa, á madeira, á cerámica e ata quen inventou perfumes ou menciñas. E non só tivemos artesáns senón tamén verdadeiros artistas. Comprobade por vós mesmos.