viernes, 10 de junio de 2016

DICTIONNAIRE AUDIOVISUEL- LA MAISON

Os alumnos de 2º ESO, no seu afán por facer descubrir o que aprenden a outros compañeiros, compuxeron un dicionario visual sobre as partes da casa.
Cada equipo encargouse dunha ou dúas estancias, buscaron o vocabulario e plasmárono nunha cartolina.
Aquí está o resultado. 


miércoles, 25 de mayo de 2016

"LA CHASSE AU TRÉSOR"

Os alumnos de 1º ESO acaban de rematar un proxecto de Lingua Francesa moi divertido.
En primeiro lugar tiveron que descubrir e aprender un montón de cousas para saber desprazarse pola rúa, como preguntar direccións e como indicalas, para iso investigaron e traballaron na aula, pero para poñelo en práctica nada mellor que facelo cunha "caza do tesouro" polo colexio.
Na clase hai seis equipos, cada equipo fixo tantas pegadas como alumnos ten ese equipo. Un representante colocou o tesouro no punto elixido e entón empezou a diversión.
As tarxetas foron repartidas aos equipos contrarios e cada un tiña que atopar o tesouro que estaba agochado nos máis variopintos lugares do colexio.
Ao chegar á aula, fixeron entre todos unha chuvia de ideas co que aprenderan no proxecto.
Le début

Point de départ

En cherchant le trésor
Le trésor

chuvia de ideas

lunes, 9 de mayo de 2016

ARTESÁN OU ARTISTA?


Os alumnos de 2º de ESO acaban de rematar o proxecto “Artesáns ou artistas?” que os trasladou ao medievo durante varias semanas para gañar a pulo un posto de mestre de obradoiro.
Para comezar o noso traballo, primeiro elaboramos en grupo unhas recompilacións nas que, a partires das características do gótico e o románico e a busca concreta de información, clasificamos e analizamos diferentes obras (arquitectura, escultura e pintura). Centrámonos principalmente nas pegadas do románico na nosa comarca e ao longo do Camiño de Santiago.


Presentar unha obra mestra para poder posuír un obradoiro era o segundo paso. Houbo quen fixo pan ou xabón, quen se dedicou á heráldica e a forxa, á madeira, á cerámica e ata quen inventou perfumes ou menciñas. E non só tivemos artesáns senón tamén verdadeiros artistas. Comprobade por vós mesmos.




 

miércoles, 6 de abril de 2016

1º ESO VIAXA CON “CONTINENTAL TOURS”

A sucursal de 1º ESO da axencia de viaxes San Xosé ten unha nova oferta, “Continental Tours”, que incorpora unha serie de itinerarios de longa duración polos cinco continentes (as expedicións á Antártida de momento non están previstas). Para animar aos nosos clientes a viaxar fomos nós os primeiros en gozar deses fermosos rincóns do planeta. Este foi o noso proxecto de Xeografía que percorreu o mundo a partires de accidentes de relevo e paisaxe particulares de cada continente. Agora, xa de volta, xestionamos a nosa información e presentámola no noso particular escaparate cos folletos que deseñamos e as fotos que recollemos nos nosos álbumes. E non nos esquecemos de traer algún que outro agasallo!








viernes, 4 de marzo de 2016

QUE ANIMALADA DE POESÍA!!!!!!

Os alumnos de 2º ESO foron poetas durante este trimestre. Neste proxecto recoñeceron que a música pode conter poesía, que se pode facer poesía a través de sons, que hai diferentes rimas, medidas, tiposde estrofas e sobre todo moitas figuras literarias que podemos atoparnos na vida real.
A temática de todas as creacións foi "os animais"
Gozaron moito creando regueifas e sobre todo declamando poesía.
Os rapaces fixeron unha destreza de "creación dunha metáfora
Así é un verdadeiro pracer traballar con eles!
Metáforas resultantes


Exemplo de regueifa


Traballando como equipo
Resultado final
Cada equipo creaba en función dun animal

diamante




miércoles, 24 de febrero de 2016

THE WINTER OLYMPIC GAMES


Los alumnos de 1º de ESO han realizado un proyecto sobre los Juegos Olímpicos de Invierno en la materia de inglés, mediante el cual han aprendido mucho sobre los deportes incluidos en este gran evento, celebrado cada cuatro años.
Hemos abierto el proyecto con un mapa mental sobre deportes en general, para luego centrarnos en los olímpicos. A través de la rutina CSI, cada equipo ha identificado el color, símbolo e imagen que ellos asocian a los Juegos Olímpicos de invierno. En las siguientes sesiones, han realizado una investigación sobre el tema y han empleado la estructura cooperativa “rompecabezas”, en la que los expertos de cada grupo se reúnen para llegar a un consenso sobre cada una de los aspectos a tratar. 
Una vez terminada esta parte, cada equipo se ha centrado en un deporte olímpico concreto, y ha elaborado un PowerPoint incorporando información tanto sobre ese deporte como de un deportista famoso experto en él. Una vez acabada, esta tarea fue expuesta oralmente en la lengua inglesa por parte de cada grupo, frente al resto de la clase.  
Finalmente, cada equipo ha representado visualmente cada deporte mediante dibujos y maquetas.