Cando se fala de Lendas ou Mitos debemos pensar que se está a falar da tradición oral, estas obras pasaron de boca en boca durante séculos ata que alguén as recolleu por escrito. É por iso que hai unha grande incerteza da orixe de cada unha das lendas ou mitos que aparecen na literatura galega de procedencia oral.
Os rapaces de 1º ESO tiveron que afondar neste tema, e descubrir personaxes que forman parte da nosa cultura e tradición. Así grazas a eles coñecemos personaxes como Breogán, a raíña Lupa, o Sacaúntos, Artai, o Lobishome.....e un montón de seres que forman parte da nosa tradición máia arraigada. Vexamos algúns exemplos:
A "MEIGA CHUCHONA"é unha figura mítica do imaxinario popula galego que dá orixe a unha lenda tradicional que se coñece co mesmo nome.De acordo coa lenda, a meiga chuchona entra ao empardecer o día nas casas onde hai cativos para lles chuchar o sangue motivo que os fai enmagrecer até quedar co corpo mirrado.
A "Meiga", é un tipo de persona que posúe poderes extraordinarios ou máxicos e que pode chegar a pactar co demo.
A "Santa compaña",é na mitoloxía popular galefa, unha procesión de mortos ou ánimas en pena que pola noite percorrer os camiños e visitan a todas as casas nas que en breve haberá unha defunción.
"Brath, o pai de Breogán.
"Breogán", é o nome dun mítico rei galaico segundo as tradicións lexendarias irlandesas.
Os "Biosbardos" é unha palabra galefa que equivale aos espacios e aos entes imaxinarios. son figuras mitolóxicas existentes en Galicia que poden adquirir diferentes formas.
O "Sacaúntos"é un personaxe que asusta, igual que o home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama paón, en alusión a que pode papar a alguén.
"Tía Xoana", dí a lenda que é unha bruxa que chegou a Galicia nos tempos dos moros. Vella de pelo branco e longo, esta anciá sanguinaria devoraba os nenos alí por onde pasaba. Viviu cerca de 200 anos no faiao dunha casa en pontenova. Cando hartouse de vivir foise a unhas peñas cerca de Fisterra, onde pidiu axuda a un pastor para cavar a súa tumba. Cando remataron abrazouse ao pastor e tirouse na tumba con el deixando caer unha pesada pedra enriba. Ninguén podía axudarlle xa que a tumba estaba cuberta de serpes. Dise que quen vaia mirar a tumba morrerá antes de un ano.
E awuí remata a nosa selección, hai moitos máis pero se queredes saber máis só debedes investigar a través de "Galicia máxica", sorprenderavos a nosa tradición oral.